Manuel María e Abrente
Temos cita obrigada cun poeta excepcionai como era Manuel María. Iste ano se lle dedica o "Día das Letras Galegas ".
Manuel María naceu en Lugo un octobre de 1.929, incasabel e moi compremetido políticamente co seu país. Comenzou moi xóven no seu Lugo natal nas conferencias dos xoves lucenses nas tertulias do café Méndez Núñez (Luis Pimentel, Ánxel Fole, Juan Rof Codina...) que o puxeron na onda do galeguismo.
En 1.950 publicou o seu primer poemario, Muñeiro de Bretemas. A partir do 1.958 se foi a vivir pra Monforte de Lemos onde permaneceu a maior parte da súa vida e onde nace o poemario (Cancioneiro de Monforte de Lemos). No 1.959 casase con Saleta Goi.
Nos años 60 y 70 Manuel María traballa na cladestinidade pra reorganizar os partidos nacionalistas galegos e ao mesmo tempo colabora con moitas organizacions pra recuperar a cultura galega.
Presentou a Nova Canción Galega pero a poesía era o seu xénero preferido. En 1.979 foi elexido concejai de Monforte po lo Bloque Nacional Galego o que abandonou en 1.985 xa pra dedicarse a súa pasión, a actividades culturais establecéndose na Coruña.
Colaborou nas campañas da Burla Negra e a plataforma Nunca Máis pola traxedia do Pretige.
Manuel María e un grande da nosa cultura galega e faleremos moito da súa poesía, hoxe vamos a plasmar a súa relación co Ribeiro e sobre todo ca xeneración Abrente (teatro galego.
Xa desde a fundación de Abrente e durante 14 anos de existencia do grupo de teatro, tanto Manuel María como a súa muller Saleta sempre foron solidarios cos obxetivos da xeneración Abrente e así o demostraron non soio como asistentes frecuentes as actividades que se realizaban si non tamén como participantes e colobaradores nos distintos aspectos que Abrente foi desarrolando ao longo da súa traxectoria durante esos 14 anos.
As actividades nas que Manuel María participou foron as seguintes:
Ano 1.972. Da unha conferencia en Abrente. "Comentarios de Poesía"
Conferencia na que o Goberno Civil soio autoriza unha parte, xa que prohiben a parte correspondente a "A os Irmandiños" e "Canción para cantar todos los días".
Ano 1.973. Participa como concursante no primer Concurso de Obras teatrais de Abrente ca súa obra "O meu mundo non a este reino". Ex.aecuo con Eulogio Rodríguez Ruibal por "Zardigot", son membros do xurado : Rodolfo López, Jesús Alonso Montero, Ricardo Salvat, Manuel Lorenzo y Jesús Sánchez Orriols.
Ano 1.975. O xurado do "Concurso de Obras teatrais" niste ano lle concede unha "mención especial" pola súa obra"A revolución de 1.846".
Ano 1.976. Membro do xurado do IV concurso de obras teatrais Abrente, xunto con José Luis Méndez Ferrín, Francisco Carballo, José Manuel Blanco Gil y Julio González Lorenzo.
Ano 1.977. De novo forma parte do V concurso de obras teatrais xunto con Victor Freixanes, Enrique Arguindey Banet, Eulogio Rodríguez Ruibal y Francisco Rodríguez.
Niste ano tamén participaba nas actividades paralelas a mostra dando un recitai de poesía xunto con Usío Novoneira e Méndez Ferrín.
Xunto con Blanco Amor, Manuel Guede, Manuel Lorenzo e outros firman unha petición solicitándolle ao Ministerio de cultura máis apoyos económicos e locais adecuados pra realizar as representacions teatrais de Abrente.
Nos "Xantares Enxebres" que se facían en Abrente no primeiro de Maio sempre viña ca súa esposa.
Durante as semáns que duraba a mostra Manuel María sempre estaba nas representacioons e participaba nos coloquios que se mantiñan ata altas horas da madrugada.
Manuel María nunha entrevista que lle fixo Xosé Manoel Rodríguez "Anacos" aseguraba que de non ter nacido na Terra Chá, gostaría ser do Ribeiro.
"As súas paisaxes, as súas xentes, a loita por domear a terra cos seus socalcos e as súas viñas", eran algúns dos aspectos que salientaba o poeta pra definir a comarca.
O 17 de Maio de 1.972 no Día das Letras Galegas, ano que se dedicou a Don Valentín Lamas Carvajas, Abrente publica un pequeno libro no que participan Sebastián Risco, R.Otero Predrayo, X. Alonso Montero, Manuel Caamaño Suarez ( da agrupación cultarai O Facho da Coruña), María Xosé Quiezan, Antón da Ponte, Antonio Tovar Bobillo, Nemesio Varxa e Ramiro Cartelle. A portada e de Jaime Quesada.
E tamén Manuel María participa con catro poemas: "Galicia Mariñeira", "Galicia Emigrada", "Galicia de Espranza" e "Invocación a Portugal".
Poesías que habían merecido ser premiadas nos Xogos Frorais da poesía libre Galaico Portuguesa de Guimaraes (Portugal), no ano 1.971 en novembro.
Galicia Mariñeira
Galicia é mar. Un mar de outura,
feroz, bravío, rexo e loitador.
Un mar sementado de tristura,
inmensidade de náufragos e dor.
O mal calmo das rías non é mar:
é un veludo maio e solermiño
con dozuras saudosas de cantar,
con íntimas ternuras de aloumiño.
O verdadeiro mar é o bravío
que bate a súa ira contra as cons,
que traga ó mariñeiro i ó navío
na carraxe impoñente dos trebóns.
E triste deixar a veiramar. Duro
deixar muller e terra coñecida
i enfrentarse no mar co fado escuro
e xogarse o pelexo e morte ou vida.
Galicia Emigrada
Labregos arrincados de torrón,
mariñeiros bregando mundo adiante;
galegos a sufrir na emigración
un trauma doloroso, arrepiante.
A lembranza da terra é unha chaga,
unha luciña que aluma día a día,
unha sede de amor que non se apaga,
unha lembraza vida, unha agonía.
A lembranza da terra é unha dor
con zunidos de ventos piñeiros.
A lembranza da terra é o amor
con recendos de froumas e vieiros.
E sempre esa lembranza viva, escura.
Esa lembranza viva sempre a eito.
Sempre esa lembranza. ¡Esa tristura
a cubrir de saudade o voso peito!
Manuel María
Recoñecemento a un poeta que supo ter a Galicia e as súas xentes sempre no seu corazón.
Documentación e enlaces recomendados
- Manuel María . Wilkipedia
- Fundación Manuel María de estudos galegos
- Manuel María . Real Academia Galega.
- Grupo Abrente. Wilkipedia.
- José Luis Chao. Documentación para realizar este reportaje.
.
#manuelmaria #diasdasletrasgalegas #lugo #mendeznuñez #luispimentel #anxelfole #abrente #juanrofcodina #muñeirodebretemas #cancioneirodemonfortedelemos #saletagoi #novacanciongalega #bloquenacionalgalego #coruña #burlanegra #nuncamás #eulogiorodriguez #eulogiorodriguezruibal #zardigot #rodolfolopez #jesusalonsomontero #ricardosalvat #manuellorenzo #jesussanchezorriols #joseluismendezferrin #franciscocarballo #josemanuelbalncogiljuliogonzalezlorenzo #victoprfreixanes #enriquearguindeybanet #franciscorodriguez #usionovoneira #balncoamor #manuelguede #xantaresenxebres #xosemanuelrodriguez #terracha #ribeiro #valentinlamascarvajal #sebastianrisco #ramonoteropedrayo #manuelcaamañosuarez #ofacho #mariaxosequeizan #antondaponte #antoniotovarbovillo #nemesiovarxa #ramirocartelle #jaimequesada #xogosfrorais #guiamaraes #portugal