Estevan Fayan. O trovador de Ribadavia
Voltamos a vista ao século XIII onde nos atopamos cun trovador (poeta) da comarca do Ribeiro, da vila de Ribadavia.
Estevan Fayan (1.245-78) era fillo de Estevaiña Perez Fayan e Rodrigo Soarez. O seu pai era persoeiro recoñecido xa que consegiu casar coa antiga barragá ( amante do rei) de Alfonso IX (Melón nº 417, de 1.246). Emparentados coa casa real o pai ascendeu a meiriño ( cargo de xustiza) do rei en Galicia e a súa nai era filla de Pedro Mendez Fayan o cal figura como "Domnus Petrus Fagam" os cales tiñan privilexios reais relativos ao convento de Melón o cal demostra que eran unhos persoeiros sobranceiros da nobreza galega do seu tempo. No foral de Ribadavia (1.133 a 1.164) figura como o persoeiro máis relevante da área Mendo Fayan (avo de Estevaiña).
No ano 1.245 Estevo Perez aparece como meiriño de Ribadavia, burgo do que seu avó materno fora tenente en 1.242 e o seu pai Rodrigo xuíz en 1.237 e 1.240, po lo cal os devanceiros de Estevo por nai e pai viñan exercendo maxistraturas na vila do Avia desde príncipios do século.
E na segunda mitade do século cando a influencia distas familias de abolengo lógrase ver com máis relevancia.
No anos 1.240 Ribadavia atopábase nas mans do infante Alfonso (nado en 1.221, sería rei como Alfonso X no ano 1.252) polo cal a relación da súa familia co rei era moi directa e no caso de Rodrigo moi estreita (meiriño reai nos primeiros anos do reinado do monarca Sabio).
Soio intentamos situaros na Ribadavia do século XIII (1.240 a 1.260) pra compreder a poesía trobadoresca da corte no reinado de Alfonso X o Sabio.
Os cancioneiros dos trobadores transmitiron unicamente tres cantigas, dúas delas de amor e unha satírica, e mais un fragmento amoroso.
A maior parte da súa obra según os historiadores (Resende de Oliveira) remítese ao quarto decenio do século XIII, máis non está moi craro.
Il tamén era sobriño do trobador Johan Soayrez Somesso ( que lle dedicou unha poesía a Muymenta un pobo do axuntamento de Carballeda) e primo doutro trobador; Afonso Soarez Sarraça.
Foi enterrado no cimenterio de Santa María de Melón como fai constar nunha manda testamentaria do 1.278 que recolle o Tombo de Melón.
Cantiga dirixida a súa señora. O trovador lle confesa que a sirve porque a ama pero tamén pra obter un favor que desagradará a un terceiro, que ambos coñecen e que moitas veces o fai sufrir, da cal soipeitamos que trátase do marido da dama.
Senhor fremosa, des que vos amei,
sab'ora Deus que sempre vos servi,
quant'eu mais pud'; e servi-vos assi,
per bõa fé, polo que vos direi:
se poderia de vós haver bem,
em que fezess'eu i pesar a quem
vós sabedes, no vosso coraçom,
que vos fez el muitas vezes pesar.
E am'eu vós, quanto vos posso amar,
e sérv[i]o-vos por aquesta razom:
se poderia de vós haver bem,
em que fezess'eu i pesar a quem
vós sabedes; que bem vos estará
de vos servir quem vos [i] mereceu,
e a mim bem par que ando sandeu
por vós, senhor; e dized'ora já,
se poderia de vós haver bem,
m que fezess'eu i pesar a alguém.
Estevan Fayan
Documentación relacionada e enlaces :
- A nobreza miñota e a lírica trobadoresca na Galicia da primeira metade do século XIII
- O Cancioneiro da Biblioteca Nacional
- Cantigas medievais galegas e portuguesas.