Mario Canda Pérez. Poeta e periodista
Hoxe vamos a centrarnos nunha das fíguras da literatura na Comarca do Ribeiro pensamos menos recoñecidas e a cal debemoslle un gran homenaxe. Estamos a falar do poeta e periodísta Mario Canda Pérez.
Naceu en Ribadavia aló no ano 1906. Fillo de Sofía Pérez Castro e Emilio Canda Adán. O seu pai foi un xornalista que estudou nos seminarios de Tui e Orense e lle trasmitiu a paisón pola escritura eo cal a funda e dirixe o " Noticiero del Avia " en Ribadavia no ano 1910 ata o 1937.
Mario Canda Pérez escomenza a escribir crónicas, poesías e unha columna satírica chamada "Pellizcos". Nesta última firmada co seudónimo "4 ojos".
Tamén escribiu no diario de Ourense "La Zarpa", nunha sección lírico-festiva de nome "Menudanzas" onde firmaba con seudónimo "Heliodoro". A Zarpa era un xornal agrario de Ourense.Colaboraron no xornal, entre moitos outros,Eduardo Blanco Amor, Alexandre Bóveda, Castelao, Otero Pedrayo, Vicente Risco e Antonio Rey Soto.
No diario "La Cañiza" foi o redactor xefe. O propietario diste semanario era Antonio Bacelar Vesteiro.
Escribiu letra para as comparsas "Los Trovadores" (1926), que estaba formada por mozos da Groba, Sanín e Sampaio, "Los Arlequinos"(1927) e "Los moruchos" (1927), estas tres con música de Juna Pomar Queralt, director de La Lira; "Los Pierrots" (1928), "Los Peras" (1929), "Los judíos" (1929), con música de José Portabales Pichel. "La Guardia Judía" (1930), con música tamém de Portabales e de Luís Brage Villar e "Los Pajes" (1931) con música do mestre Brage. Fixo unha canción adicada ó "Tumba que dalle" (1930). O tándem Canda-Portabales fixo tamén cantigas de reis en 1930 pra unha comparsa de Sampaio.
Foi tamén redactor-xefe e dirixiu o xornal falanxista ourensán Rumbo (1937), que despois cambiou o seu nome a Arco. Colaborou nos periódicos Tramancazos, El Eco del Condado, El Compostelano.Moi fructífera foi a súa carreira como xornalista.
Mario Canda escribiu dous libros de poesías :
- "Cantigas e Cantares" (1928) en galego e escrito cando o poeta tiña 15 anos, co prólogo de Eladio Rodríguez González. Un libro de poesía que os recomendamos leer e debería de reeditarse pola riqueza linguística e o seu recoñecemento a esa xente do campo que traballa no Ribeiro.
- "Azul" (1932) en castelán.
Iste rapaz de moi corta idade escribe nos tempos da dictadura de Primo de Rivera con moito valor e sempre cas verbas "loitar", "Sindiquémosnos"...
En xullo do 1933 num certame literario en Ourense polas festas do Corpus obtivo un primeiro premio, pola poesía "Doce nai".
Finou en Ribadavia o 31 de xaneiro do 1936.
Cos seus versos non latexen no olvido.
VINDE TODOS
¡Ei, veciños d´o Avia e d´o Miño!,
acabai de soñar, despertemos
y-hoxe xuntos a vila marchemos
en defensa d´a fama d´o viño.
¡Que non quede, xiquea, un veciño;
hoxe os eidos fechados deixemos
q´u é perciso que nos sindiquemos
pra loitar con fé cega a cariño!
Defendámol-os nosos sudores,
persigamos con fé os treidores
c-a Comarca votan a perder.
Defendámol-o honor d´o Ribeiro...
e se fose perciso o fungueiro,
loitaras´hastra mais non poder.
Mario Canda Pérez.
(Chamada ó Ribeiro con motivo d´a gran Asamblea que se celebrou en Ribadavia o día
3 d´Abril de 1927).
Bibliografía y enlaces recomendados.
Murgas e Cancións dos Carnavais de Ribadavia. Marcos Gómez, José Luis Chao Rey y Antonio Pérez.
La Lira.La banda de música de Ribadavia. José Ramón Estévez Pérez.
Wilkipedia
Mario Canda un poeta necesario
La Región
Museo Etnolóxico de Ribadavia