Salomón Kroonenberg o poeta da xeoloxía
Foi alá po lo verau do ano 1968 cando sendo alumno de post-grado da facultade de xeoloxía da Universidade de Amsterdam, veu a Ribadavia xunto cos seus compañeiros de curso e mailos seus profesores para facer un estudo de Pena Corneira, estudos prácticos que repetironse nos seguintes anos.
Antes de vir a Ribadavia, Salomón estuvo un tempo en Xinzo de Limia en donde tivoa oportunidade de coñocer a un rapaz de nome Carlos Casares, que foi quen o introduxo no coñecemento da ligua galega e en moi pouco tempo chegou a falar perfectamente.
Foi ao seguinte ano cando coincidiu a estancia de Salomón en Ribadavia coa expulsión dos "Tres cregos de Ribadavia", participando moi activamente na defensa dos cregos e tanto e así que a súa volta a Amsterdam publicou varios artigos en xornais holandeses relatando o sucedido en Ribadavia.
Xa de aquela Salomón era un rapaz que mostraba sinais de ser moi intelexente; falaba varias linguas, estaba ao corrente dos acontecementos políticos do mundo e participaaba nos movementos xuvenís vanguardistas de Holanda, todo o cal era un descubremento.
Xosé Luis Chao que o viviu nos conta que il que non sabía falar idiomas, nin sequera era conscente de que vivía unha dictadura e moito menos podía entender o que viñan a facer aqueles rapaces a Pena Corneira e que cada seman enviaxen caixóns cheos de pedra ao porto de Vigo para, dende alí, ser embarcadas en dirección a Holanda.
Un ano máis tarde foi invitado por Salomón a pasar un temo na súa casa de Amsterdam; coñoceu ós seus pais, os dous médicos e xudeos e foi a través de eles como entrou en coñecemento das traxedias vividas por aquela famila nos campos de concentración nazis.
Xose Luis atopouse, naquel tempo en Amsdterdam, cunha xuventude coa que eu convivía aquí e coa que enseguida se excomenzou a indentificar. Eran tempos en que se iniciaba en Holanda o "Movemento Provo", antecedente dos movementos "hippies", os rapaces cantaban polas rúas, circulaban en bicicleta e se iniciaban tamén os "movementos ocupas". Un mundo novo e diferente.
Tamén naqueles días foi invitado pola universidade de Amsterdam a asistir a unhas conferencias sobre Pena Corneira e foi a partir de ahí cando comenzou a decatarse de que o tema debía ser importante para despertar alí tanto interés. Volveu a Holanda en varias ocasións e a amistade con Salomón e a súa muller foise consolidando, a pesar da distancia durante máis de corenta anos.
Hai aproximadamente uns dez anos Salomón mercou unha casa ao pe de Pena Corneira no pobo de Serra, e aquí regresa cada ano para pasar uns días acompañado da súa familia.
Actualmente Salomón Kroonenberg, xa xubilado como catedrático, é un emiente escritor ( as súas obras vendense en todo o mundo e están traducidad a numerosas linguas) e é recoñecido non so en Holanda senón en todo o mundo como un eminente xeólogo. En moitos medios de comunicación é coñecido como o "Einsteien da xeoloxía" ou o "Poeta da xeoloxía".
Coidamos que Galicia e o Ribeiro estamos en deuda con Salomón Kroonenberg, lle debemos que Pena Corneira fose salvado das piquetas das canteiras e declarado "monumento natural".
Co pasar do tempo parece que os camiños da historia persoal de Salomón se volven a cruzar de novo en Ribadavia; con motivo de unha viaxe que fixo a China para presentar un dos seus libros atopouse alí nunha feira co libro de Antón Patiño "Memorias de ferro", e foi por este libro que tivo coñecemento de que un tío seu, actualmente residente nos USA, fuxido do holocuasto nazi, pasou por Ribadavia da man das irmáns Touza.
Tempo despois tamén soupo que un dous seus mellores amigos holandeses e médico seu, de apelido Coronel, era descendente de Duarte Coronel, un dos xudeos-conversos ribadavienses condenados pola inquisición nos anos 1606-1610.
Poida que, ese poderoso magnetismo que os penedos de Pena Corneira exercen sobre o profesor Kroonenberg, lle deparen algunha nova sorpresa.
We should no longer see the world beneath our feet as a black box in which to dig tunnels, a supermarket for raw materials, a carpet to sweep our rubbish under, or the final resting place of the dead, but as an irreplaceable archive and a living ecosystem whose riches we have as yet hardly been able to fathom.(Salomón Kroonenberg).
Ya no debemos ver el mundo bajo nuestros pies como un cuadro negro en el que cavar túneles, un supermercado para las materias primas, una alfombra para barrer nuestra basura debajo, o la última morada de los muertos, sino como un archivo insustituible y un ecosistema cuyas riquezas que hemos hasta ahora casi no pudo sondear vivir.(Salomón Kroonenberg)
There was a vast cave deep in the gaping, jagged rock, shielded well by a dusky lake and shadowed grove. Over it no bird on earth could make its way unscathed such poisonous vapors steamed up from its dark throat to cloud the arching sky.(Salomón Kroonenberg)
Hubo una gran cueva profunda en el enorme, rocas dentadas, blindado así por un lago oscuro y arboleda sombría. Sobre ella ningún pájaro en la tierra podría hacer su camino ilesos tales vapores venenosos al vapor por encima de su oscura garganta a nublar el cielo arco.(Salomón Kroonenberg)
Libro (Porque o Inferno cheira a xofre)
O noso agradecemento a Xosé Luis Chao pola sua axuda e documentación.
Documentación
La Xunta declara Pena Corneira como zona Protegida
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2008/20080118/Anuncio3C8E_es.html
Concello de Leiro
http://www.concelloleiro.org/page/5/
Web Salomón Kroonenberg
http://www.salomonkroonenberg.nl/
Comments