top of page

O mal do "Enganido"

Aconteceu na vila ribadaviense po lo ano 1601. Unha muller chamada Ana Martínez e a súa irmán foron absoltas do cargo de herexía cando trataban de curar a un meniño do mal do Enganido, nome dado a enfermidade da fascinación nistas partes.

O infante pasábase tres veces po la greta dun carballo. O pasar de brazo en brazo as mulleres intercambiaban as seguintes palabras :

"¿Tí que me das enganido?"

" Eu te dou a fulanito...( o nome do rapaz )

sano pola gracia de Deus e da Virxen María "

Cerca do carballo e como unha ofrenda se deixaban candeas prendidas e unha peza de roupa do meniño.


O relato etnográfico do Sr. Enrique de Vilerna demostra o atractivo da cura da ialma con tratamentos físicos.


En Ribadavia si o neno tiña a pernas cruzadas e non engordaba e ainda por encima sempre estaba chorando, xa tiña O Enganido.

Na Arnoia pra ceibar ao meniño do enganido o levan a unha encrucillada onde átano a unha cruz e, a primeira persoa que pase dáselle unha machada para cortar o liame, co cal o neno ficará san.


Homiño que ves de ventura

desenqueequéllame esta criatura


Outrora tres Marías empregan unha palangana con auga e loureiro que ponse no lume e depóis déitase na encrucillada.



Toda unha composición de tradicions e poesía.


Documentación.

- Historia silenciada de la mujer de Alain Saint-Saëns,

Editorial Complutense, 1996.

Comments


Featured Posts
Recent Posts
Archive
Search By Tags
No hay etiquetas aún.
Follow Us
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square
bottom of page