top of page

O afecto de Newton Sabbá e Neira Vilas

Hoxe vamos a tornar alá po lo ano 1972 cando un grupo de rapaces da nosa vila Ribadavia fixeron unha visita semi-clandestina a Neira Vilas e a súa señora no fogar de Nemesio Barxa en Ourense. Estámonos remitindo os tempos de a fundación de " Abrente ", e ise grupo de rapaces tiñan unhas expectativas muy reinvidicativas, gracias as cales se fundomentou posteriormente o teatro galego.

Pasou o tempo e un día un dises rapaces coñeceu ao mestre brasileiro xudeo-sefardí Newton Sabbá que lle manifestou ser un gran admirador do poeta Neira Vilas e que o puxo en trato nunha das visitas co mestre Sabbá fixo a Galicia.

Eles se fixeron grandes compañeiros e a partir de enton o mestre Sabba fixo a traducción ao portugués da obra do poeta Neira Vilas e grazas a cal pódese leer non sólo alá no Brasil si non en todos os países de línguas lusitanias.

A carta onde Xosé Neira Vilas lle escribe a Xosé Luis Chao falando do mestre Sabbá.

Gres, 10 1 08

Estimado amigo :

Recibín a túa carta. E o folleto sobre os festivais de teatro. Grazas. Noraboa polo que facedes polo teatro galego. Tentei poñerche un correo electron, e vén devolto.

Recordo ben o encontro aquel de 1972 na casa de Nemesio. Recordo que tamén estaban Manuel María e Saleta. ¿Tí eras un dos rapaces cos que me reunín nun carto anexo?. Da o mesmo, pois había varias persoas, varios amigos.

Dalle un saúdo cordial o Sabbá, bo amigo meu, que traduciu o meu " Nai " o portugués e andaba traducindo a miña novela "Querido Tomás". Teñolle moito aprecio.

Ando con problemas de saude, teño que operarme de columna (estenosis de canal). Camiño con bastón e camiño moi pouco. A miña muller ten fribromialxia, etc. En fin, os anos non perdoan.

Unha perta,

Xosé Neira Vilas.

Más tarde no ano 99, Newton Sabbá lle dedica a Xose Luis Chao e o "Centro de Estudos Medievais", un libro po lo seu interés po lo sefardí ,"No desvío dos camiños"´, unha traducción do poeta provenzal Andrieu Resplandín. O interés do mestre Sabbá tamen ven de estar casado cunha neta brasileira de ribadavienses.


No Correo Galego ( 5 oct de 2003 ), Xosé Neira Vilas escribiu un artículo a Newton Sabbá chamado "Florianápolis" demostrando a gran afecto que sinteu polo mestre e amigo.

"Vai en poucas liñas un retrato de o Profesor Sabbá. Un amigo no orde persoal, pero sobre todo un amigo de Galicia que dende a ancha América vive as inquedanzas desta esquina europea. A "esquina verde" como a obra de García Martí".

O noso homenaxe hoxe vai dirixido a Xosé Neira Vilas lendo unha das súas poesías.

A XOANIÑA ANDEIRA

Sobre o lombo do regueiro navega unha xoaniña nunha folla de salgueiro.

Vaise do eido nativo.

Quere ter diante dos ollos paisaxes que nunca tivo.

Dende o intre que embarcou sente unha fonda morriña do prado onde se criou.

Mentres deixa atrás o val vai dicindo polo baixo: “ volverei ó salgueiral “.

E unha mañá raioleira, por entre vimbios e fentas voltou a xoaniña andeira.

Xosé Neira Vilas ( 1928-2.015).

Páxinas Relacionadas :

- Fundación Xosé Neira Vilas

http://www.fundacionxoseneiravilas.com/

- Newton Sabbá

https://www.facebook.com/sabbaguimaraes

Comments


Featured Posts
Recent Posts
Archive
Search By Tags
No hay etiquetas aún.
Follow Us
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square
bottom of page